Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O obxectivo do grao é formar profesionais capaces de identificar, entender e desenvolver os problemas e os procesos da arte, a través da creación artística e da súa análise.

Os estudos superiores de belas artes están a desempeñar un papel imprescindible na formación de artistas e profesionais da creación e da cultura, de acordo coas demandas crecentes da súa contorna. Precisamente no ámbito da creación e da industria cultural é onde, xunto ao ensino, atopan sitio preferentemente as persoas tituladas en Belas Artes.

Perfil de ingreso

  • Coñecementos básicos sobre a arte e a cultura nas súas diferentes manifestacións e contextos
  • Inquietude e curiosidade polas manifestacións da arte e a cultura contemporáneas
  • Habilidades básicas e sensibilidade para o manexo de ferramentas e materiais
  • Capacidade para a aceptación da diversidade cultural
  • Sensibilidade para a apreciación da arte e as manifestacións culturais tanto a nivel social como individual
  • Capacidades sensoriais e perceptivas ligadas ao campo do coñecemento
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo

Saídas profesionais

  • Arte creativa: fotografía, debuxo, pintura, escultura creativa, escenografía, murais, decoración, ilustración
  • Xestión cultural: xestión de galerías de arte, museoloxía, xestión en fundacións artísticas e culturais, técnico/a en xestión cultural, animación para a difusión artística e cultural, arquivos de xestión e creación do patrimonio
  • Deseño gráfico e audiovisual: deseño audiovisual, publicitario, gráfico, cine de animación e banda deseñada, ilustración…
  • Docencia e educación artística: transmisión e educación artística en centros de ensino, museos, centros culturais, deseño de recursos educativos

Coordinación

Araceli Mercedes Liste Fernández
+34 986 801 859 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.