Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O equipo decanal da Facultade de Belas Artes manifesta o seu compromiso coa calidade, a excelencia e a mellora continua do centro e, particularmente, coas titulacións impartidas no mesmo, así como coa importancia da posta en marcha dunha estratexia abordada de forma participativa e colaborativa tendo en conta a contorna do centro e os seus principais retos de fronte ao futuro.

O programa de Desenvolvemento Estratéxico do centro estrutúrase, de xeito análogo ao Plan estratéxico da UVigo (2021-2026), arredor de cinco eixes estratéxicos (a formación, a investigación e transferencia, os membros da comunidade universitaria, a organización e recursos e a relación coa sociedade) nacidos do espírito de servizo e mellora que debe caracterizar unha institución xeradora e transmisora de coñecemento que, en última estancia, está ao servizo da cidadanía.