«Ferramentas básicas para ser artista» é o novo libro da ilustradora Blanca Millán, unha guía visual que anima as lectoras e os lectores a afondar no mundo da arte de xeito ameno e divertido. Está publicado por KALANDRAKA en galego, castelán, catalán e portugués.
Este venres 13 de novembro, a partir das 18:30 horas, a Facultade de Belas Artes acollerá un encontro coa autora dirixido a público adulto: docentes de artes plásticas, de educación infantil, primaria e secundaria, especialistas en mediación lectora…